~/projects/ Produción
* Liceo de Sevilla
Sobre o proxecto
Liceo de Sevilla é a web dunha asociación musical de Sevilla. O proxecto naceu como unha colaboración/voluntariado para dar presenza dixital á asociación e facilitar a xestión das súas actividades.
Stack técnico
- Backend: Laravel (PHP), con panel de administración para xestionar contidos
- Base de datos: MySQL
- Frontend: Blade templates + TailwindCSS
- Despregue: Servidor compartido, en produción
O meu rol
Participei no desenvolvemento como voluntario, colaborando en:
- Deseño e implementación das vistas públicas
- Integración co panel de administración
- Optimización para dispositivos móbiles
Estado
O proxecto está en produción e activo en liceodesevilla.com.